Informativo Galicia 7:45 - 06/12/21
Listen now
Description
Día da Constitución este 6 de Decembro. E como é tradicional en Madrid celebrase o acto institucional ao que acode o presidente da Xunta. En Galicia tamén hai actos co gallo desta data. Mentras temos que falar da pandemia porque os casos de covid en Galicia alcanzaron xa os 8 mil. Trátase do peor momento desta sexta onda, con gran incremento da presión hospitalaria e tres falecidos na fin de semana. Malia todo a ponte está a deixar rexistros de ocupación moi altos. En particular o turismo rural vive o seu mellor momento desde o comezo da pandemia e acada o 90 por cento. E nos deportes boísimas novas para o fútbol-sala femenino galego. As de Burela proclamaronse campionas de Europa.
More Episodes
A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días. A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais. A sociedade galega de...
Published 12/06/21
Published 12/06/21
Son traballadores esenciais pra moitas persoas que precisan axuda nos seus fogares... no confinamento foron directamente imprescindibles... agora o servizo de axuda no fogar esixe máis financiamento, máis axudas do goberno galego pra poder atender mellor e a máis usuarios. QUE TAL, MOI BOAS...
Published 12/05/21