Description
A cidade das TICs bota a andar tras asinar as seis institucións que participan o protocolo que fixará as responsabilidades de cada unha. A policía municipal da Coruña suspende as concentracións na praza de María Pita tralo avance das negociacións co goberno local. O Partido Popular cualifica de tomadura de pelo a proposta do Psoe e Marea Atlántica para crear un operador enerxético municipal. Deportes. Deportivo e Bergantiños pasan á segunda ronda da Copa do Rey. O equipo que adestra Borja Jiménez chegou a prórroga con empate a dous no marcador. No tempo da entrevista, falaremos co secretario xeral da Ciga, con Paulo Carril.
A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días.
A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais. A sociedade galega de...
Published 12/06/21
Día da Constitución este 6 de Decembro. E como é tradicional en Madrid celebrase o acto institucional ao que acode o presidente da Xunta. En Galicia tamén hai actos co gallo desta data. Mentras temos que falar da pandemia porque os casos de covid en Galicia alcanzaron xa os 8 mil. Trátase do peor...
Published 12/06/21