Crónica de Galicia - 03/12/21
Listen now
Description
Malia o aumento dos contaxios na area sanitarias de Vigo e Pontevedra e as malas previsión meteorolóxicas a provincia afronta a ponte da constitución cunha previsión do 80% de ocupación. Iso si, lonxe do poder de atracción do alumeado de nadal da cidade olívica as cifras máis altas danse maioritariamente en hoteles con spa e casas rurais Adega acusa a Xunta de agochar a cabeza para negar que Galicia ten un problema de contaminación de augas con abonos agrícolas. Galicia debería ser zona vulnerable ós nitratos pra protexer as súas augas. Así o manifesta a Comisión Europea que leva a España ante a xustiza O BNG denuncia que a Xunta só executou unha terceira parte dos fondos destinados pola Unión Europa a saneamento e depuración. Calcula que están sen gastar 115 dos 175 millóns e que o presidente Núñez Feijóo acudiu a Bruxelas para pedir a súa reprogramación. Os traballadores de Vestas volveron hoxe ás rúas... Realizaron unha caravana de coches en Lugo. Unha nova protesta que se produce despois do anuncio de impugnación do ERE ante a xustiza. Pedro Sànchez pechará o próximo mércores o Congreso do PSOE galego. Un Congreso que ratificará a Valentín González Formoso como secretario xeral.
More Episodes
A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días. A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais. A sociedade galega de...
Published 12/06/21
Published 12/06/21
Día da Constitución este 6 de Decembro. E como é tradicional en Madrid celebrase o acto institucional ao que acode o presidente da Xunta. En Galicia tamén hai actos co gallo desta data. Mentras temos que falar da pandemia porque os casos de covid en Galicia alcanzaron xa os 8 mil. Trátase do peor...
Published 12/06/21