Description
O pleno do concello da Coruña aproba un modificativo de crédito para o IMCE. A transferencia de crédito supera os 257.000 euros.
O PP, que votou en contra, asegura que o que lle sobra a este organismo cultural son, precisamente, cartos. As persoas infectadas de Covid superan xa as 1.700 nas tres áreas sanitarias da provincia. Usuarios e sindicatos denuncian aglomeracións e falta de puntualidade nos trens que unen Vigo e A Coruña a primeira hora da mañá. Os traballadores da cafetería do aeroporto de Lavacolla reanudan hoxe a folga pola. Din que non hai avances na negociación do convenio colectivo. Deportes. O Obradoiro ficha, por dous meses, o aleiro Edgar Vicedo. Mide 2 metros e 3 centímetros. No tempo da entrevista, falamos co presidente do Círculo de Artesáns da Coruña, con Roberto Parga.
A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días.
A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais. A sociedade galega de...
Published 12/06/21
Día da Constitución este 6 de Decembro. E como é tradicional en Madrid celebrase o acto institucional ao que acode o presidente da Xunta. En Galicia tamén hai actos co gallo desta data. Mentras temos que falar da pandemia porque os casos de covid en Galicia alcanzaron xa os 8 mil. Trátase do peor...
Published 12/06/21