Crónica de Galicia - 02/12/21
Listen now
Description
Aínda que a gravidade das infecións non é a doutras ondas, grazas á ampla vacinación dos galegos, os positivos por COvid esténdense como unha mancha de aceite. A incidencia supera a media española, os novos contaxios son cada vez máis, e semella que moitos quedan sen detectar: a taxa de positividade está por riba do 8%. Unha situación que se reflexa en gromos nos centros escolares e nos de traballo... un estaleiro pechará en Vigo pra desinfectar e cribar a tólodos seus empregados. Teñen 70 positivos. Para reduci-lo impacto nos colexios, o presidente da Xunta ven de dicir que agarda que o 13 de decembro poida empezar a vacinación da poboación infantil.
More Episodes
A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días. A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais. A sociedade galega de...
Published 12/06/21
Published 12/06/21
Día da Constitución este 6 de Decembro. E como é tradicional en Madrid celebrase o acto institucional ao que acode o presidente da Xunta. En Galicia tamén hai actos co gallo desta data. Mentras temos que falar da pandemia porque os casos de covid en Galicia alcanzaron xa os 8 mil. Trátase do peor...
Published 12/06/21